Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello mellora o abastecemento no depósito do Castrillón e recupera a auga da Fonte dos Cabalos

Félix Juncal, alcalde de Bueu e edil de obras e servizos, visitou os traballos de colocación dunha tubería de abastecemento que se están levando a cabo dende o camiño de acceso ao depósito de auga do Castrillón. Esta actuación, na que se colocaron arredor de 200 metros de tubaxe, completa a outra feita a raíz das obras da senda entre Trasouto e A Portela, dende a coñecida como Fonte dos Cabalos.

Nos próximos días completarase esta obra que “cumpre cun compromiso asumido cos veciños e veciñas do lugar, que nos trasladaron en diversas ocasións o interese en recuperar a auga desa fonte”, apunta Juncal, Por este motivo, dende o Concello realizóuselle un seguimento á obra e estudouse a posibilidade de recuperar os antigos mananciais, a través da realización de diversas catas, sen que fose posible polo de agora a localización dos mesmos. Así e todo, o goberno continúa coas xestións para “tentar devolverlle a auga a esta fonte”, que segundo a veciñanza se tería perdido hai anos cando se ampliou a estrada autonómica da PO-551. Mentres a recuperación dos mananciais non sexa posible, a auga levarase dende o depósito do Castrillón cara á Fonte dos Cabalos.