Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Listaxes admitidos/as Concilia Bueu 2026

O Concello de Bueu publica o anuncio de persoas admitidas para o programa “Concilia Bueu 2026”, que se desenvolverá do 22 de xuño ao 4 de setembro de 2026.
A efectos de informar sobre a organización e xestión do programa, convócase a aos pais/nais dos/as nenos/as admitidos/as a unha REUNIÓN, que terá lugar O XOVES 18 DE XUÑO DE 2026, ÁS 17.00 HORAS, NO CENTRO SOCIAL DO MAR.
*Recórdase que os interesados no servizo de comedor, deberán xestionalo directamente co catering Arelas (teléfono de contacto: 986 079 000) e o prezo será de 5,5 € día.

As admitidas/os deberán aboar o pago correspondente que será o seguinte:

1º quenda: do 22 ao 26 de xuño de 2026…………………….15 €
•2º quenda: do 29 de xuño ao 17 de xullo de 2026…………30€
•3º quenda: do 20 ao 31 de xullo de 2026……………………….30 €
•4º quenda: do 3 ao 14 de agosto de 2026………………………30 €
•5º quenda: do 17 ao 28 de agosto de 2026………………..…..30 €
•6º quenda: do 31 de agosto ao 4 de setembro de 2026….15 €

Para realizar o pagamento débese recoller o recibo na Oficina de Xestión Tributaria do Concello de Bueu (Eduardo Vincenti 51, Bueu) A PARTIR DO XOVES 18 DE XUÑO e realizar o seu pago nunha entidade bancaria. O recibo estará a nome da nai/pai/titor/a que presentou a solicitude. Tamén se pode realizar o pagamento na Oficina Virtual Tributaria do Concello de Bueu: https://bueu.tributoslocales.es/ga/

No caso no que sexa outra persoa distinta ao solicitante a que recolla o recibo deberá aportar DNI orixinal da persoa solicitante ou fotocopia do DNI da solicitante e unha autorización asinada.

A copia do recibo pagado deberá entregarse xunto coas autorizacións o primeiro día da actividade.

Se algún solicitante non aparece na listaxe, poñerse en contacto cos Servizos Sociais Comunitarios, de forma presencial, no teléfono 886124816 ou en benestarsocial@concellodebueu.gal.