O Concello limita o tráfico rodado na Banda do Río durante as fins de semana

O Concello de Bueu decidiu este venres establecer unha nova regulación do tráfico rodado para favorecer e axudar aos locais comerciais e hostaleiros na zona da Banda do Río, así como para ofrecer alternativas para un goce e uso seguros por parte da cidadanía.

Concretamente, vaise limitar o acceso do tráfico rodado de vehículos no barrio da Banda do Río, concretamente entre as rúas de Rosalía de Castro e Alexandre Bóveda, durante as fins de semana. Así, o acceso ao tráfico estará cortado os xoves, venres e sábados, dende as 21.00 h ata peche de terrazas, e os domingos, entre as 14.00 h e o fin de terraza.

Ademais, o aparcadoiro do antigo serradoiro da Banda do Río habilitarase para que teña acceso prioritario a veciñanza do barrio da Banda do Río.