O Concello habilita un novo aparcadoiro público nas Lagoas
O Concello de Bueu contará cunha nova área de aparcadoiro público na zona das Lagoas, no casco urbano, concretamente ao lado do parque de skate. Durante este xoves pola mañá leváronse a cabo os traballos de limpeza e o espazo xa está operativo para o estacionamento de vehículos.
Como xa se avanzaba hai uns días, o alcalde e o goberno local continúan buscando alternativas para ampliar as áreas de aparcadoiro e esta zona, que conta cunha superficie de 2000 metros, dará cabida a aproximadamente oitenta vehículos.
Ademais desta, lémbrase á cidadanía que o Concello dispón de máis de cincocentas prazas de estacionamento entre os diversos aparcadoiros disuasorios que se atopan en áreas urbanas e periurbanas, como poden ser o da zona do Norte, enfronte do Pavillón Pablo Herbello, no entorno dos novos xardíns do Valado, en Pescadoira…