Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello facilita un servizo de axuda para persoas illadas con motivo do Coronavirus

O Concello de Bueu, a través da concellaría de Benestar Social, vén de poñer en marcha un servizo de axuda para persoas illadas con motivo da crise sanitaria do Coronavirus. Así, as persoas que conten con circunstancias que lles impidan saír da casa para facer a compra ou ir á farmacia poderán chamar ao teléfono 886124816, de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 h.

O servizo estará coordinado polo Departamento de Benestar Social, cuxas traballadoras se encargarán de contactar coa empresa de Servizo de Axuda no Fogar.

Tal e como apunta Macu Rodríguez, concelleira de Benestar Social, o obxectivo é que todas as persoas vexan cumpridas as necesidades básicas durante esta situación de excepcionalidade.

Ademais, se se produce calquera outra emerxencia, dende o Concello lémbrase que o teléfono da Policía Local (986320062) está operativo as 24 horas.