O Concello de Bueu súmase á campaña polo Día da Artrite
-
A Casa Consistorial iluminouse de verde a partir das nove da noite de onte, e o 8 de outubro colocarase unha mesa informativa na Sala Domínguez Búa
O Concello de Bueu súmase aos actos para celebrar o Día da Artrite, que se conmemorou este luns, 1 de outubro. Así, desde as nove da noite alumeouse de verde a Casa Consistorial co obxectivo de visibilizar as doenzas da artrite reumatoise, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil e espondiloartrite.
Por terceiro ano consecutivo, a campaña parte da Asociación de Enfermos de Artrite en Pontevedra (Asearpo) en colaboración coa concellaría de sanidade, dirixida por Mª Teresa López González.
Os actos continuarán o día 8 dese mesmo mes, cando representantes da asociación colocarán unha mesa informativa na Sala Domínguez Búa entre as 9 e as 14 horas para informar sobre os tratamentos e as XIV Xornadas da Artrite, que se celebrarán o 13 de outubro no Hospital Provincial de Pontevedra.
0 Comentario(s)