Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu renovará a rede de abastecemento na Avenida da Barca e de Marín

O proxecto, cun orzamento de preto de 45.000 €, presentarase a unha subvención no marco do Fondo de Compensación Ambiental

O Concello de Bueu acometerá a renovación do tramo da rede de abastecemento entre a Avenida da Barca e a de Marín, proxecto orzamentado en case 45.000 € e que se presentará a unha subvención da Xunta de Galicia con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental 2018.
Félix Juncal, alcalde de Bueu, salienta que os obxectivos son dous: dunha parte renovar as tubaxes que se atopan en mal estado e que causan continuas avarías e molestias á cidadanía, e por outra, permitirá levar a cabo un incremento da presión en certas zonas. Así, poderíase ampliar chegar a cotas máis altas, ampliar as redes actuais e darlle máis cobertura aos usuarios/as das zonas próximas, como Loureiro, Agrelo, ou diversos lugares de Cela, como Castiñáns, Resille ou Sabarigo.

A idea do executivo local é que se aprobe a subvención, toda vez que dende a Xunta de Galicia están priorizando as actuacións relacionadas co abastecemento de auga.