Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu reivindica a investigación no Día Mundial Contra o Cancro de Mama

O Concello de Bueu sumouse este luns, 19 de outubro, aos actos reivindicativos e solidarios organizados polo Día Mundial Contra o Cancro de Mama. Xunto a representantes da Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro, concelleiras dos grupos políticos da corporación reuníronse diante da fonte cibernética que se alumeou de rosa. Concretamente, asistiron Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade e do grupo BNG, Elena Estévez, voceira do PP, e Elisa Dios, do PSOE.

Tal e como salientan dende a asociación, entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto deste ano realizáronse 138 intervencións de apoio e acompañamente aos/ás pacientes oncolóxicos e familiares de Bueu durante o proceso da enfermidade. Por iso, a data de hoxe serve para reivindicar a investigación como un factor chave para frear esta doenza.