O Concello de Bueu recibe a un grupo de espectadores/as de Mírame TV
O Concello de Bueu recibiu este luns a un grupo de corenta persoas espectadoras de Mírame TV, a televisión canaria que está realizando unha viaxe turística por Galicia recalando en varios puntos da nosa xeografía, entre eles Bueu. No salón de plenos tivo lugar o acto de benvida a cargo do alcalde, Félix Juncal, e dos concelleiros Manolo Otero, Xosé Leal e José I. García, tras o cal tivo lugar unha pequena actuación a cargo de integrantes da Banda de Gaitas Manxadoira e a entrega duns agasallos institucionais.
Durante o acto, o rexedor convidou aos/ás participantes a gozar da vila, da gastronomía e da cultura e ensalzou algúns dos encantos da vila morracense, como o «Polbo das Rías», a Illa de Ons, o Museo Massó ou a escultura de José Solla.