O Concello de Bueu pon en marcha un programa de educación afectivo- sexual
-
As sesións levaranse a cabo nos institutos de secundaria Johán Carballeira e Illa de Ons
Continuando coa aposta de políticas sociais, o Concello de Bueu pon en marcha un programa de educación afectivo – sexual, que se celebrará nos centros educativos de secundaria da vila. Así, no IES Johán Carballeira comezaron este xoves, 21 de marzo, con dous grupos: de 8.50 a 10.30 h e de 11.55 a 14.25 horas, e desenvolveranse en catro sesións máis. Os talleres continuarán no IES Illa de Ons o 3,4 e 5 de abril para as catro aulas de 2º e 3º de ESO.
O programa, que estará impartido pola psicóloga e sexóloga Raquel Graña, ten como obxectivo ensinar á mocidade a manter relacións sexuais sas, positivas e libres de estereotipos. Así o salientou a concelleira de educación, Teresa López, na visita realizada este xoves a un dos talleres do IES Johán Carballeira.