Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O concello de Bueu pon en marcha un programa de apoio psicolóxico a menores

Este servizo está subvencionada polo Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia // Ademais, estase desenvolvendo un curso de preparación da proba de acceso a ciclos medios.

Dende o Departamento de Benestar Social do concello de Bueu estase a desenvolver un novo servizo de atención psicolóxica á/ao menor, subvencionado polo Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 da Xunta de Galicia. Este servizo estará dispoñible dende febreiro ata xuño, ambos meses incluídos, e con el tratarase de prestar apoio en situacións que entrañan algún conflito nos e nas menores e nas súas familias, facilitar a coordinación entre o Departamento, centros educativos e de saúde e outros/as profesionais que traballan nos casos e ofrecer servizos de reorientación académica e profesional.
Por iso, esta semana tamén se puxo en marcha un curso para a preparación da proba de acceso a ciclos medios, que se desenvolverá na Sala de usos múltiples do CEIP A Pedra (Bueu) os martes e venres de 18.30 a 20.30 horas. Destinado a persoas que naceron no 2001 ou antes e non posúen o título da ESO nin outro que convalide nin de nivel superior e desexan presentarse á proba de acceso, que se celebrará o 31 de maio (a validez desta proba é de dous anos).
As persoas interesadas deben chamar ao Departamento de benestar social (886 12 48 16) ou ben enviar un correo electrónico a benestarsocial@concellodebueu.org co asunto “Curso proba de acceso ciclos”