O Concello de Bueu pavimentará os camiños de O Río – Antepazo e Ermelo- A Pena
- O prazo de presentación de ofertas esténdese ata o 13 de novembro, e o orzamento total ascende a 57.687,97 €, IVE engadido
O Concello de Bueu ten aberto o prazo de licitación para acometer a pavimentación de dous camiños municipais con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).
Os camiños que se van arranxar atópanse entre O Río – Antepazo e Ermelo – A Pena, cun orzamento total que ascende a 57.687,97 €, IVE engadido, e o prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 13 de novembro. As obras que se van acometer serán de roza e retirada da vexetación herbácea, limpeza enérxica de superficie de pavimento existente, apertura de caixa para posterior construción do firme, e pavimentación.
Segundo se establecen nos pregos, a obra divídese en dous lotes, un para cada pavimentación, polo que as empresas interesadas poden concorrer por separado. O lote 1, o correspondente a O Río, ten un orzamento base de licitación de 43.943,17 €, e o lote 2, do vial de Ermelo – A Pena, ascende a 13.744,80 €.
O goberno local continúa, pois, coa mellora das infraestruturas do rural, acometendo as melloras do firme de diversos viais e completando os tramos de saneamento e abastecemento que quedan pendentes.
A información para a licitación pode verse na Plataforma de Contratación do Estado, con ligazón desde a web municipal.