Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu organiza coa Asociación Galega de Apicultores varias charlas sobre a vespa velutina

O Concello de Bueu e a Asociación Galega de Apicultores poñen en marcha de novo varias charlas informativas sobre a problemática social da vespa velutina e como está afectando esta aos diversos municipios, dado o seu espallamento dos últimos tempos. Así, segundo o concelleiro de medio ambiente, Adrián Ferrer, “estas reunións buscarán concienciar á veciñanza e ás diversas asociacións sobre a importancia do trampeo para erradicar esta lacra que atenta contra a natureza”.

Estas charlas arrancarán o 12 de febreiro na Casa do Pobo de Beluso e continuará o 13 na Casa da Aldea de Meiro, o 18 no Centro Sociocultural de Cela e o 22 no Centro Social do Mar de Bueu, todos os días a partir das oito e media da tarde.

Todas elas serán impartidas por José María Bello, delegado de AGA Morrazo, quen explicará como elaborar trampas caseiras e repartirá material didáctico. Desde a asociación insisten en que é importante a implicación da cidadanía para atallar esta problemática social.