Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu organiza clases de zumba na piscina

  • Susy Alonso Figueroa será a encargada de impartir estas sesións do luns ao mércores da próxima semana, e para as que se require de inscrición previa

A concellaría de deportes de Bueu pon en marcha de novo unha serie de clases de zumba gratuítas, que se levarán a cabo na piscina municipal das Lagoas. En concreto, as clases terán lugar o luns e o mércores en quendas das 19.30 e 20.30 horas, e o martes ás 10.00 e 11.00 horas.

Este programa, que leva por nome “Zúmballe a Semana Santa”, ten como obxectivo continuar coa promoción de hábitos saudables entre a cidadanía, e será impartido por Susy Alonso Figueroa. As persoas que desexen participar poderán inscribirse para cada día nas instalacións da piscina ou chamando ao 986138689 no seu horario de apertura: de luns a venres de 9 a 12 horas e de 17 a 21 horas, e os sábados, de 9 a 12 horas.

Ricardo Verde, concelleiro de deportes, salienta que “é importante propoñer actividades que combinen o deporte coa saúde, ao tempo que son alternativas de lecer”.