Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu inaugurou o alumeado de Nadal

O Concello de Bueu inaugurou este martes, 5 de decembro, o alumeado de Nadal na vila, cuxos elementos centrais son a árbore grande que se sitúa na céntrica Praza Massó, e unha decoración luminosa especial no Estaleiro de Purro. Así mesmo, e como vén sendo habitual, instaláronse arcos e grilandas nas rúas do casco urbano e nas parroquias.

Ao acto de alumeado simbólico desta tarde asistiron Félix Juncal, alcalde da vila, e algúns concelleiros e concelleiras dos grupos municipais de BNG e PP.

Con este acto, o Concello dá inicio ao Nadal, e nos próximos días darase a coñecer a programación lúdica e festiva para estas datas, cunha aposta polas actividades diversas e para todos os públicos.