Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu e a AECC impulsan a ‘Semana da froita’ nos centros educativos

O Concello de Bueu e a Asociación Española contra o Cancro poñen en marcha a Semana da Froita, unha campaña que consistirá na impartición de charlas en infantil e primaria e no reparto de froita nos centros educativos da vila. Baixo o lema “Comer ben é divertido”, Marta Sanmartín Tomil, nutricionista e voluntaria da AECC, e Adriana Francisco González, técnica de prevención da AECC, serán as encargadas dos obradoiros de alimentación saudable no Colexio Virxe Milagrosa (o 13 de febreiro, de 9 a 14 h), no CEIP Montemogos de Beluso (o 14 de febreiro entre as 9.15 e as 14 h), e no CEIP Torre Cela (o 15 de febreiro, das 9.30 ás 14.30 h).

O obxectivo destas charlas é fomentar hábitos de alimentación saudable, a través da inxesta de froitas e verduras, co que reduciría o risco de ter cancro.