Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu convoca unha reunión coa hostalaría para a organización das II Xornadas de Exaltación do Polbo

O Concello de Bueu, a través da concellaría de promoción económica e turismo, convoca unha reunión coa hostalaría para a organización das II Xornadas de Exaltación do Polbo. O encontro terá lugar este venres, 7 de febreiro, ás 10:30 horas, no salón de plenos da Casa Consistorial, e anímase a toda a hostalaría da vila a asistir para coñecer este evento que celebrará a súa segunda edición.

Despois dunha vintena de edicións da Festa do Polbo, dende o Concello e a Confraría mudouse o pasado ano de formato coa promoción destas xornadas coas que se continúa a poñer en valor o Polbo de Bueu. Segundo adianta Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, «as xornadas terán un gran programa festivo, lúdico e gastronómico que se irá desvelando nos próximos meses e no que queremos implicar á cidadanía para que participe».