O Concello de Bueu convoca os Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo
- O prazo para o envío de traballos en ambas categorías esténdese ata o 31 de xaneiro de 2023
- Os premios constarán de 1500 €, e no caso do de poesía, na edición do poemario gañador por parte da editorial Xerais
O Concello de Bueu vén de convocar os Premios Johan Carballeira de Poesía e Xornalismo, cuxo prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2023, e que contarán cunha dotación económica de 1500 € para ambas categorías amais da publicación no caso do de poesía, tal e como vén sendo habitual, por parte da Editorial Xerais.
As persoas que desexen participar poderán facelo a través de dúas formas: mediante o envío do traballo en papel ou en formato dixital, tal e como se establece nas bases publicadas nesta páxina web.
Estes premios naceron coma unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira. O certame celebra este ano a vixésimo sexta edición na categoría de poesía e a vixésima na de xornalismo. Na última convocatoria resultaron gañadores Miguel Sande co poemario Brinde e desespero, e Antía Yáñez, coa reportaxe xornalística “A saúde mental en Galicia, en bragas” que fora publicada na revista Luzes.
O certame, que xa conta con moita historia a nivel galego, ten galardoado na categoría de xornalismo a persoas como Francisco Seoane Pérez, Óscar Curros Moure, Moncho Paz, Cristian López Iglesias, Arturo Sánchez Cidrás, Antón Lopo, María Obelleiro, Montse Dopico, Nieves Neira, Antía Yáñez, entre outr@s; e na categoría de poesía, a poetas tan recoñecidos como Xosé Carlos Caneiro, Yolanda Castaño, Xurxo Alonso, Mario Regueira, Berta Dávila, María Carmen Caramés, Ismael Ramos, Pura Tejelo, María Reimóndez, Daniel Asorey, Marcos Abalde…
A continuación poden descargarse as bases e toda a información:
XXVI PREMIO JOHAN CARBALLEIRA DE POESÍA:
XX PREMIO JOHAN CARBALLEIRA DE XORNALISMO: