Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu concentrouse na defensa dos dereitos das mulleres afgás

O Concello de Bueu organizou este mércores, 18 de agosto, unha concentración diante da Casa Consistorial na defensa dos dereitos das mulleres afgás. Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade e benestar social, foi a encargada de dar lectura a un manifesto que fixo fincapé na necesidade urxente de apelar á solidariedade internacional ante a perda de dereitos que supón para as mulleres a chegada ao poder do réxime talibán.