O Concello de Bueu comeza este mércores co programa ‘Cinema na rúa’
- As sesións terán lugar todos os mércores de xullo e agosto na Praza Massó // A vindeira semana comezarán os monicreques de verán para a rapazada
Como cada verán, a concellaría de cultura segue coas actividades ao aire libre. Este mércores, 11 de xullo, arranca o programa “Cinema na rúa” coa proxección de “Spiderman – Homecoming” ás 22.30 horas na Praza Massó.
As sesións continuarán o 18 de xullo con “Coco”, á mesma hora. Para o mes de agosto, o cine será ás 22 horas, e as películas que se poderán ver son “Matilda” (1 de agosto), “¡Canta!” (8 de agosto) e “Willow” (15 de agosto).
Outras actividades para a rapazada serán os monicreques de verán que comezarán a vindeira semana. O obxectivo de ambos programas é o de ofrecer lecer e cultura para os máis pequenos/as durante a temporada de vacacións e aproveitando o bo tempo.