O Concello de Bueu celebrou este luns o sorteo das mesas electorais

A corporación local do Concello de Bueu celebrou este luns, 29 de abril, o pleno do sorteo das persoas que compoñerán as mesas de cara ás eleccións municipais do 26 de maio. A sesión tivo lugar ás 10 h e fíxose de forma telemática, estreando para a ocasión un proxector e pantalla.

Haberá dezaseis mesas nos diversos locais de Sala Amalia Domínguez Búa, Escola Náutico-Pesqueira de Bueu, IES Johán Carballeira, Casa da Cultura, CEIP A Pedra, Casa da Aldea de Meiro, CEIP Torre Cela, Centro Sociocultural de Igrexario de Cela, Escola de Sanamedio, Escola de Cabalo, Casa do Pobo de Beluso, e CEIP Montemogos.