Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu aproba o Calendario Fiscal 2022

O Concello de Bueu vén de aprobar o calendario fiscal para o ano 2022, no que se regulan os prazos de pagamento das taxas e impostos municipais.

En canto aos impostos, para o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM ou rodaxe), o período voluntario de cobro será entre o 11 de marzo e o 20 de maio; para o Imposto sobre Bens Inmobles urbanos e rústicos (IBI ou contribución), entre o 23 de xuño e o 31 de agosto; para o Imposto de Actividades Económicas (IAE), entre o 16 de setembro e o 18 de novembro.

E para as taxas, o período voluntario de cobro para as ocupacións de vados será entre o 16 de setembro e o 18 de novembro, e para os mercados e mercadiños dividiranse en varios prazos segundo os trimestres.

Para o pagamento destes impostos e taxas, a cidadanía pode empregar a Oficina Virtual Tributaria, para o que deberá contar con Certificado Electrónico ou Dni-e. Así, a persoa contribuínte poderá pagar os seus recibos, consultar a súa situación tributaria, domiciliar os seus pagos ou cambiar o número de conta, acceder a notificacións, solicitudes, etc.

Para máis información ou dúbidas, a cidadanía pode contactar coa Oficina de Xestión Tributaria no teléfono 986390066.