Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu amplía o saneamento da zona do Regueiriño, en Meiro

Saneamento Regueiriño (Meiro)

O Concello de Bueu está levando a cabo diversas actuacións consistentes na ampliación das redes de abastecemento e saneamento municipal. Precisamente nesta semana comezouse coa instalación cun colector de saneamento na zona do Regueiriño, na aldea de Meiro. O alcalde, Félix Juncal, visitou esta mañá as obras que se están levando a cabo nun tramo de aproximadamente 300 metros.

O rexedor salientou que “con estas obras practicamente completamos o saneamento de toda a aldea”. Ademais, hai que lembrar que ao longo dos últimos anos estanse realizando esforzos desde o Concello para poder garantir que un servizo básico como o abastecemento e saneamento da auga chegue a todas as parroquias do municipio, tanto das áreas rurais e urbanas.

Na visita tamén estiveron presentes Silvia Carballo, concelleira de turismo e promoción económica, Fidel Castro, edil de obras e servizos, e Alfredo de la Campa, arquitecto técnico municipal.