Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu acomete as obras de mellora de saneamento e pluviais e a pavimentación en O Río

Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Celso Dopazo, concelleiro de mantemento de vías, visitaron o pasado venres as obras de mellora de saneamento e pluviais, e de pavimentación que se están acometendo no lugar de O Río, na parroquia de Cela. A actuación, cun orzamento de 34.486 €, finánciase con remanentes do Plan Concellos 2022 da Deputación Provincial de Pontevedra.

Segundo salienta o alcalde, o Concello leva xa moitos anos mellorando os servizos básicos de saneamento e abastecemento nos lugares, así como o acceso ás vivendas e espazos públicos.

Tamén nos próximos días está previsto que comecen as obras de pavimentación do céntrico aparcadoiro situado na rúa Santán, traballos que levará a cabo a empresa Covsa, logo de que renunciase Marconsa, que era a que presentara a mellor oferta económica.