Anuncio sobre o proxecto de construción da senda peonil na PO-551 no treito Lapamán- Cela- Castrelo
Actualmente atópase a exposición pública o proxecto de construción da senda peonil na PO-551 no treito Lapamán- Cela- Castrelo. A documentación do proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas, no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, na casa do concello de Bueu e na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, onde tamén figura un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación.
A continuación pódense descargar os planos e os documentos de expropiacións, dado que son as partes con maior interese para a cidadanía: