O Concello de Bueu abre o prazo para a solicitude de fogueiras de San Xoán e San Pedro
O Concello de Bueu abre o prazo para solicitar fogueiras para as noites de San Xoán (24 de xuño) e San Pedro (29 de xuño). Así, e tal e como se recolle no Bando da Alcaldía, as persoas que desexen realizar cacharelas nestas noites máxicas, tanto en terreo público como privado, deberán entregar no Rexistro Xeral a solicitude dispoñible na web municipal antes do 15 de xuño.
Só se poderán autorizar dúas fogueiras por praia e as cacharelas teñen que adaptarse ás características establecidas no Bando da Alcaldía, polo que estas deben realizarse en lugares despexados mantendo unha distancia de seguridade como mínimo de 25 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario urbano e vehículos, e non deberá superar en ningún caso os 3 metros de alto. Ademais, están expresamente prohibidas as fogueiras nas praias co distintivo de bandeira azul (Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán) así como no resto dos espazos naturais protexidos do termo municipal.
Tanto o Bando da Alcaldía como a solicitude pódense descargar nas ligazóns inferiores:
PDF- BANDO DA ALCALDÍA DE FOGUEIRAS BUEU 2018