O Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para participar na Aula de Música
- As persoas interesadas poden anotarse entre o 10 e o 25 de agosto nas modalidades de solfexo, piano, canto e música activa
- As clases, que están abertas a todas as idades, desenvolveranse do 4 de setembro ata o verán do próximo ano na Casa da Música Manuel Omil
A Aula de Música do Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para participar nas clases do vindeiro curso, que se desenvolverán entre o 4 de setembro e finais de xuño do próximo ano na Casa da Música Manuel Omil, situada no Valado. En concreto, as clases impartidas serán de solfexo, piano, canto e música activa e as inscricións poderán entregarse desde o 10 ao 25 de agosto ás 23.59 h, de dúas formas: achegando a solicitude por Rexistro Xeral ou mediante a Sede Electrónica (para o que é preciso contar con certificado dixital).
En total ofértanse 76 prazas e os criterios de admisión son: estar empadroado/a no Concello de Bueu, e ter asistido á Aula Municipal de Música en anos anteriores na modalidade na que se inscriba. A praza será reservada por orde de entrada no Rexistro Municipal e o alumnado de novo ingreso deberá comezar nas modalidades básicas.
As persoas que desexen máis información ou aclarar dúbidas poderán facelo de forma presencial na Casa da Música os martes e xoves, de 9.30 a 13.30 h, ou nos teléfonos 686474775 / 670227564 (Rosa Cerviño).
Toda a información e as solicitudes de inscrición poden descargarse aquí: