Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu abre o prazo de inscrición para o programa ‘Concilia Bueu’

  • As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral ou na Sede Electrónica do Concello entre o 15 e o 22 de xuño
  • O programa constará de obradoiros culturais e deportivos que acollerán un total de 100 rapazas e rapaces nos meses de xullo e agosto

O Concello de Bueu abre este martes, 15 de xuño, o prazo de inscrición para participar no programa ‘Concilia Bueu’, unha iniciativa conformada por obradoiros de diversas temáticas dirixidos á rapazada de entre 3 e 12 anos, que se desenvolverá do 1 de xullo ao 31 de agosto, sen ningún custe para as familias. Ao igual ca o ano pasado, o programa terá un marcado carácter social, co fin de favorecer a conciliación laboral e familiar, ao tempo que se ofrece unha alternativa de lecer para os nenos e nenas.

No programa poderán participar ata 100 nenos e nenas, que gozarán de diversas actividades relacionadas coa cultura, o medio ambiente e o deporte, de luns a venres en horario de 8.00 a 14.00 horas.

En canto ao procedemento, o prazo de inscrición estará aberto ata o 22 de xuño, e as solicitudes terán en conta tres requisitos principais: en primeiro lugar, para as nenas e nenos que xustifiquen o empadroamento en Bueu dun mínimo de tres meses; ditas prazas adxudicaranse seguindo a orde de puntuación obtida pola aplicación do baremo da situación socio-familiar e socio-laboral. De existiren prazas vacantes poderán optar a estas nenas e nenos empadroados noutros concellos. E no caso de empate prevalecerá a orde de presentación de solicitudes.

Para dúbidas ou aclaracións sobre o programa, o Concello habilita o teléfono 618 74 38 80 (Manuel Menduíña).

Bases e solicitudes de inscrición: