Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello de Bueu abre o prazo das subvencións deportivas

  • A convocatoria recolle as dúas liñas correspondentes aos anos 2020 e 2021, cun investimento total de 80.000 euros

O Concello de Bueu abre o prazo das subvencións deportivas destinadas aos clubs da vila, que poderán presentar as súas solicitudes dende o 24 de maio ao 7 de xuño, logo de que se publicase o extracto no anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Tal e como xa avanzara o goberno local aos clubs e asociacións deportivas da vila, “publicamos unha convocatoria coas dúas liñas correspondentes aos anos 2020 e 2021, co obxectivo de poñernos ao día”. As bases establecen un investimento de 40.000 euros para cada anualidade, o que fai un total de 80.000, e cuns criterios similares a convocatorias anteriores.

A estas axudas terán a posibilidade de concorrer as asociacións e entidades deportivas validamente constituídas, sen ánimo de lucro, que teñan o seu domicilio social en Bueu e que se atopen inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Bueu ou que teñan feita a solicitude. Así mesmo, deberán atoparse ao corrente das obrigas tributarias, non ter superado o 100% do financiamento alleo da actividade mediante outras subvencións ou axudas, e cumprir cos requisitos da Lei de Subvencións.

En canto aos gastos subvencionables, as bases establecen dúas liñas: a primeira é relativa ás actividades deportivas, e nela computan gastos de pagamento de licenzas federativas, viaxes, seguros, aloxamentos e comidas por competicións, arbitraxes, adestradores/as, alugamento de instalacións deportivas, gastos telefónicos, compras de material e equipamento deportivo, etc; mentres que na segunda financiaranse gastos para cada un dos desprazamentos fóra da Comunidade Autónoma Galega a competicións federadas de ámbito estatal.

As bases e os anexos a cumplimentar deberán descargarse dende a web municipal www.concellodebueu.gal.

Fase de solicitude:

Fase de xustificación: