O Concello convoca unha reunión sobre o inventario de camiños da parroquia de Bueu
-
A xuntanza, na que estará presente o concelleiro de urbanismo, Martín Villanueva, celebrarase no salón de plenos da Casa Consistorial ás 20.00 horas
O Concello de Bueu convoca unha reunión coas asociacións veciñais e comunidades de montes para presentar o borrador do Inventario de Camiños de Titularidade Municipal da parroquia de Bueu. Segundo avanza Martín Villanueva, concelleiro de urbanismo, o obxectivo é dar a posibilidade aos colectivos interesados para que propoñan correccións. Con todo, a aprobación provisional farase con posterioridade, abríndose un prazo de exposición pública antes da súa aprobación definitiva.
Este primeiro documento recolle un total de 259 camiños municipal. Os criterios que se tiveron en conta á hora de incluír un camiño dentro do inventario foron o cumprimento de dúas condicións: que apareza recollido no catastro actual como vía de comunicación de dominio público, e que o camiño presente sinais externas moi evidentes do seu uso público. Ademais, terá que ou ben aparecer o trazado do camiño nos planos da Normas Subsidiarias Municipais de 1986 ou que apareza grafado na cartografía catastral do 1956.
Os camiños inventariados están relacionados en fichas, cada unha das cales contén a seguinte información: identificación do camiño mediante código, parroquia e denominación, localización cartográfica e catastral, coordenadas do punto de inicio e remate, o tipo de inmoble, a súa natureza xurídica e o seu título de adquisición, medicións relativas á súa lonxitude e ancho medio, as características do pavimento, a existencia ou non de servizos de abastecementos de auga, rede de sumidoiros, iluminación pública ou electricidade, e as cesións feitas para a regularización do vial, se existen.
O inventario de camiños municipais é un traballo que o Concello de Bueu xa leva realizando desde fai uns anos. Aos das parroquias de Cela (aprobado definitivamente no 2013) e Beluso (aprobado no 2014).