Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello asfalta o camiño da Rosa, na parroquia de Beluso

O Concello de Bueu vén de rematar as obras de asfaltado do camiño da Rosa, na parroquia de Beluso, unha actuación que complementa a instalación dun colector de pluviais realizada a finais do pasado ano. Tal e como salienta Félix Juncal, alcalde de Bueu e encargado da área de obras e servizos, o vial atopábase en mal estado e de aí que o goberno apostase pola reposición do firme.

As obras, valoradas en preto de 18.000 euros, foron acometidas con cargo a fondos municipais e permitiron actuar nun tramo de aproximadamente 1.000 metros cadrados.