O Concello abre os cemiterios municipais o próximo luns
O Concello de Bueu adoptou a decisión de abrir os cemiterios municipais a partir do próximo luns, 11 de maio. Así o salienta Félix Juncal, alcalde de Bueu, que anuncia esta medida logo de valorala ao longo desta semana, e tras as continuas peticións por parte da cidadanía.
Os cemiterios de Bueu, Cela e Beluso estarán abertos, pois, dende as nove da mañá, aínda que dende o Concello insístese en que se deben cumprir coas medidas de seguridade cidadá (manter, polo menos, dous metros de distancia) e hixiene, amais de que os aseos estarán pechados e non poderán utilizarse ata novo aviso.
Por outra banda, e dada a eliminación das restricións para as saídas nos núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes, dende o Concello de Bueu apélase á cidadanía para que se actuúe con responsabilidade. Así, os paseos poderán facerse unha vez ao día entre as 6.00 e as 23.00 h, e sempre a unha distancia máxima dun quilómetro do domicilio. No caso das actividades deportivas, estas realizaranse individualmente e sen saír do termo municipal de Bueu.