Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O Concello abre o prazo para a solicitude de fogueiras para San Xoán e San Pedro

  • Estará prohibida a realización de cacharelas nos areais de Bandeira Azul así como no resto de espazos naturais protexidos

O Concello de Bueu abre o prazo para solicitar fogueiras para as noites de San Xoán (24 de xuño) e San Pedro (29 de xuño). Así, e tal e como se recolle no Bando da Alcaldía publicado na web municipal, as persoas que desexen realizar cacharelas nestas noites máxicas, tanto en terreo público como privado, deberán entregar no Rexistro Xeral a solicitude dispoñible na web municipal antes do 14 de xuño.

Só se poderán autorizar dúas fogueiras por praia e as cacharelas teñen que adaptarse ás características establecidas no Bando da Alcaldía, polo que estas deben realizarse en lugares despexados mantendo unha distancia de seguridade como mínimo de 25 metros das edificacións, liñas aéreas de servizos, mobiliario urbano e vehículos, e non deberá superar en ningún caso os 3 metros de alto. Ademais, están expresamente prohibidas as fogueiras nas praias co distintivo de bandeira azul (Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán) así como no resto dos espazos naturais protexidos do termo municipal.

BANDO ALCALDÍA FOGUEIRAS SAN XOÁN E SAN PEDRO

SOLICITUDE FOGUEIRAS 2019