O Concello abre o prazo de licitación para as obras de saneamento e abastecemento en Vilar – Montemogos
- Este proxecto forma parte do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra e as empresas poderán presentar as ofertas económicas ata o 25 de agosto
O Concello de Bueu continúa impulsando proxectos de ampliación da rede de abastecemento e saneamento nas zonas do rural. Así, xa está aberto o prazo de licitación para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas para as obras de saneamento e abastecemento na zona de Vilar, en Montemogos, na parroquia de Beluso.
O proxecto, cun importe de 54.821,51 €, inclúese no marco das actuacións do Plan Concellos 2020 da Deputación Provincial de Pontevedra e vai permitir que as vivendas do lugar conten con este servizo básico.
Toda a documentación técnica e administrativa atópase na Plataforma de Licitación do Estado, con acceso dende a propia web municipal, e o prazo de presentación de ofertas estenderase ata o 25 de agosto.