O Comité de Entroido reunirase este martes para preparar a edición do próximo ano
- A xuntanza será ás 20.00 h na Casa do Concello e nela estará presente a concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo
A concelleira de promoción económica e turismo de Bueu, Silvia Carballo, reunirase este martes, 12 de decembro, cos colectivos, comparsas, ANPAS do municipio e demais persoas que desexen participar na organización do Entroido do vindeiro ano. A xuntanza será ás 20.00 h na Casa do Concello.
Segundo Silvia Carballo, a idea é continuar co impulso dunha das festas tradicionais máis importantes da vila. Este ano xa se organizou unha programación moi diversa que combinou tradición e aposta por novas iniciativas. A idea é ir convocando, como en anos anteriores, reunións periódicas de seguemento e programación das diversas actividades.