O Ceip Montemogos alza a súa voz contra a guerra e a favor da paz
- Este venres, o Parque Joe Novas acolleu un acto organizado polo centro de Beluso, no que participou todo o alumnado, profesorado e familias
O Parque Joe Novas de Beluso foi escenario este venres dun emotivo acto organizado polo CEIP Plurilingüe Montemogos para protestar contra a guerra e a favor da paz. Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, asistiu a esta actividade que comezou coa pegada de mensaxes relacionadas coa paz nun mural coa bandeira de Ucraína, no que participaron os alumnos e alumnas do centro, ademais do profesorado e as familias.
A continuación, os nenos e nenas de sexto de primaria leron un manifesto e un poema de Celso Emilio Ferreiro, e rematouse cun canto conxunto da canción “Los niños queremos la paz”.