Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O alcalde e a concelleira de turismo participaron no acto de recollida das Bandeiras Azuis

Félix Juncal, alcalde do Concello de Bueu, e Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, participaron este venres no acto de entrega das Bandeiras Azuis, que organizou a Xunta de Galicia na praia marinense de Portocelo. O municipio bueués mantén para este verán as catro bandeiras azuis nas praias de Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán, nas que ADEAC valorou a calidade das augas, a información e educación ambiental, a seguridade, os servizos e as instalacións. Ademais, a vila morracense consegue o distintivo azul para o sendeiro de Cabo Udra e a Aula da Natureza deste espazo, así como para o Centro de Interpretación de Agrelo, inaugurado a finais de 2015 tras ser rehabilitado polo goberno municipal.

Dende o Concello de Bueu teñen moi en conta a situación actual, motivada pola crise da Covid.-19, polo que se apela á responsabilidade cidadá e ao respecto das medidas de seguridade e hixiene. Así, aínda que o Concello non vai restrinxir o acceso ás praias, si se realizará un seguimento e observación permanente para evitar a sobrecarga, e tamén se colocarán carteis e pancartas informativas. Así mesmo, o luns terá lugar as probas para a selección de socorristas.