Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O alcalde de Bueu visitou as obras da área de caravanas de Achadiza que se retomaron esta semana

Félix Juncal, alcalde de Bueu, comprobou a execución de traballos de acondicionamento da área de servizos de caravanas de Achadiza que se executan esta semana. Tal e como se anunciara hai uns meses, o rexedor  prevé que na próxima semana queden instaladas as conexións do servizo de abastecemento e saneamento de auga e o formigonado. Así mesmo estudarase a posibilidade de utilizar parte da superficie destes terreos para a instalación dunha estación electrolinera para dar servizo de carga aos vehículos eléctricos.

Esta parcela, situada no lugar de Achadiza, foi adquirida con cargo ás subvencións do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra, e consta dunha superficie de 21.161 metros cadros por un importe de máis de 160.000 €.

Dende o consistorio adquiriuse o ano pasado esta parcela porque cumpre con todos os condicionantes esixidos para este uso, como son: un tamaño adecuado para este tipo de servizos, o acceso rodado a unha vía principal, que facilita a entrada e saída deste tipo de vehículos, a ubicación nunha zona próxima ao centro urbano pero sen xerar problemas de conxestión do tráfico, e a facilidade de conexión aos servizos de saneamento, abastecemento, electricidade e telefonía.