Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

O alcalde de Bueu participou nun recibimento a alumnado francés no IES Johan Carballeira

  • Esta semana estarán en Bueu preto dunha vintena de mozos e mozas da localidade de Brest, que participan nun intercambio co centro bueués

Félix Juncal, alcalde de Bueu, visitou este luns pola mañá o IES Johan Carballeira, onde participou no acto de recibimento organizado polo centro para dar a benvida a un grupo de dezaoito rapaces e rapazas da localidade francesa de Brest que se atopan en Bueu no marco dun intercambio educativo.

O rexedor desexoulle ao alumnado que “teñades unha boa estadía en Bueu, que nos coñezades un pouco mellor, e que oxalá poidades repetir no futuro”. Os mozos e mozas chegaron á vila o pasado venres e estarán ata finais desta semana, un tempo no que aproveitarán para visitar diversos espazos e lugares, ademais de saber máis sobre costumes e tradicións.

Juncal aproveitou a ocasión para agasallar ás profesoras do centro visitante cuns libros da historia de Bueu e cunha bandeira.