Nova edición do mercado ecolóxico e artesanal
O vindeiro 18 de novembro de 2018 o Concello de Bueu celebrará unha nova edición do mercado ecolóxico e artesanal que se ubicará no aparcadoiro de As Lagoas.
Os expositores interesados en participar terán de prazo para presentar a solicitude e documentación ata o 26 de outubro.
Os requisitos de participación e as bases foron publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Bueu (https://bueu.sedelectronica.gal).
Formas de presentación:
As persoas xurídicas deberán presentar obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello de Bueu (https://bueu.sedelectronica.gal) , accedendo a Catálogo de Trámites.
As persoas físicas poderán presentar electrónicamente ou por calquera das formas previstas na Lei de procedemento administrativo (Rexistro xeral do Concello de Bueu, Oficina de Correos,….)
1 Comentario(s)
Enviar solicitud