Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Xogos na praia de Portomaior: Ecosistemas mariños

Evento xa rematado

Dúas das praias bueuesas que gozan do distintivo de Bandeira Azul, concretamente Area de Bon e Portomaior, serán o escenario para levar a cabo un programa de actividades de educación ambiental nos ecosistemas do litoral e mariños.

Os obradoiros van ter lugar o 25 de agosto en Portomaior e o 1 de setembro en Area de Bon das 11 ás 13 horas. Neles poderán participar ata trinta rapaces e rapazas de oito anos en diante.

Este programa insírese na aposta do goberno local polo coñecemento dos espazos naturais do Concello, así como o respecto polo medio ambiente, a dinamización da lingua galega entre a mocidade, a creación de espazos para a comunicación e o fomento de hábitos deportivos e saudables. Por iso, os obradoiros tratarán de descubrir a contorna natural do litoral como un lugar de gran riqueza biolóxica e abundantes recursos pesqueiros e marisqueiros, observando a natureza, alterándoa o menos posible para non causar impactos negativos e coñecer os grandes problemas da perda de biodiversidade que se produce na Ría de Pontevedra.