X Travesía a nado pola rexeneración da praia de Pescadoira
Evento xa rematado
-
Data
14 julio, 2018
-
Hora
8:00 am - 8:00 am
O Concello de Bueu e o Club de Atletismo Corredoiras organizan o 14 de xullo a X Travesía a nado pola rexeneración da praia de Pescadoira.
Segundo as distancias que cada participante queira percorrer, hai distintas saídas:
- Saída dende Ancoradouro: 7500 metros
- Saída dende Mourisca: 4000 metros
- Saída dende a praia de Beluso: 1500 metros
As inscricións poderán facerse ata o 12 de xullo a través da web www.prueba-t.es