«Sinfonía de contos» con Inma Soto e Tamara Soto
-
Data
25 mayo, 2026
-
Hora
6:00 pm - 7:00 pm
-
Casa do Pobo de Beluso
Rúa Nova de Arriba, s/n - Beluso
O Concello de Bueu organiza o luns 25 de maio o contacontos “Sinfonía de contos” de Inma Soto e Tamara Soto, da que se poderá gozar na Biblioteca Municipal de Beluso a partir das 18.00 horas. Trátase dun espectáculo de narración oral que combina a palabra coa música en directo, nas que se inclúen xogos rítmicos co corpo e algunhas cantigas nas que o público pode participar.