Proxección Cineclub Bueu: «As bestas»
Evento xa rematado
-
Data
5 mayo, 2023
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio un Ciclo de Cinema Galego. O venres 5 de maio poderase ver o filme de «As bestas» ás 21 horas no Centro Social do Mar. O custe da entrada é de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para @s non soci@s.
SINOPSE: Antoine e Olga son unha parella francesa que se instalou hai tempo nunha aldea do interior da Galiza. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos veciños non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión medre na aldea ata acadar un punto de non retorno.