Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Maspalomas» de José Mari Goenaga

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu proxectará o venres 26 de xuño, ás 21.00 horas no Centro Social do Mar, «Maspalomas» de José Mari Goenaga A entrada terá un custe de 2.00 € para persoas socias, e de 4.00 € para as non socias.

SINOPSE: despois de romper coa súa parella, Vicente, de 76 anos, leva unha vida que lle gusta en Maspalomas: o seu día a día tumbado ao sol, de festa e buscando pracer. Un accidente obrígao a regresar a San Sebastián e a reencontrarse coa súa filla, a quen abandonou anos atrás. Vicente terá que vivir nunha residencia onde se verá empuxado a volver ao armario e a ocultar unha parte de si mesmo que cría resolta. Nesta nova contorna, o protagonista deberá preguntarse se aínda está a tempo de reconciliarse cos demais e consigo mesmo.