Proxección Cineclub Bueu: «Altri: a sede insostible»
Evento xa rematado
-
Data
7 junio, 2024
-
Hora
9:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu celebra o Día do Medio Ambiente e proxectará o venres 7 de xuño o documental Altri: a sede insostible, de Elena Martín e Pablo Santiago. A sesión, que terá lugar ás 21 horas no Centro Social do Mar, será de balde e con coloquio posterior.
SINOPSE: A Xunta, Altri e Greenalia pretenden instalar unha fábrica de celulosa e lyocell no centro do país. O que ía ser un proxecto “sostible” e “respectuoso co medio” rematou sendo o enésimo intento de lucro do capitalismo salvaxe cos recursos da nosa terra. Na súa defensa, a veciñanza da Ulloa organizada, protexendo os seus ríos, o seu aire e os seus empregos deste intento de espolio. O audiovisual percorre o ciclo da auga proxectado pola promotora do proxecto; desde o punto de recollida de ata 46 millóns de litros diarios en Brocos, ata O Sexo, onde será devolta parte da auga, tratada e máis quente. Polo camiño, 20 quilómetros de tubaxes, centos de fincas expropiadas, e unha megafactoría en Palas de Rei, pegada ao Camiño de Santiago, que emitirá oxido de xofre e óxido de nitróxeno á atmosfera. Voces expertas e veciñas destes lugares expoñen de que xeito lles pode afectar no seu día a día e nos seus empregos, nunha zona vizosa de proxectos sostibles que agora son amenazados. O audiovisual, de @Xarda e O Salto Galiza, foi realizado por Elena Martín e Pablo Santiago e contou co apoio e a colaboración de varias asociacións e plataformas en defensa do territorio.