Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Presentación libro: «Os mortos que amei» de Iria Collazo

A Libraría Miranda organiza o 31 de maio a presentación do libro Os mortos que amei, de Iria Collazo. O acto terá lugar ás 12 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e a autora estará acompañada de Tensi Gesteira, de Lecturafilia.

SINOPSE: Celeste decidiu fuxir con 83 anos, un día de abril, o mes en que abren as rosas das cerdeiras. Atopou a maleta onde levaría as súas pertenzas entre mantas e mantóns de estopa, la e angora; blusas de seda en tons pasteis e colo con brocado; bolsos de coiro de res criada coa mesta herba eterna da Pampa; broches dourados con forma de coleópteros máxicos…
O can Elvis e o seu consogro, Antón, taxista xubilado ao que sempre acompaña o fantasma da Vita, a súa muller, serán as únicas compañías na súa longa odisea cara ao Sur. Este é o relato da súa viaxe.
En Os mortos que amei, Iria Collazo escribe unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós, co humor e a tenrura como protagonistas, que contan con nostalxia unha historia de amor imposible, onde todo o que coincide coa realidade é inventado.