Presentación libro: «Alma negra» de Ibon Martín
-
Data
26 febrero, 2025
-
Hora
7:00 pm - 8:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Libraría Miranda organiza o 26 de febreiro a presentación do libro Alma negra, de Ibon Martín, que terá lugar ás 19.00 horas no Centro Social do Mar.
SINOPSE: Aínda que hai décadas que as minas enmudeceron nos Montes de Hierro, na quietude da noite aínda poden escoitarse os lamentos desesperados das almas que quedaron sepultadas no seu ventre de roca. A aparición do cadáver de Teresa Echegaray, a poderosa muller que pretende reabrir a explotación, esperta entre os habitantes da conca mineira o medo ás lendas durmidas e reaviva o rancos acumulado durante longos anos.
A investigación do asasinato vese lastrada por un acontecemento que sacode a vida de Julia. Cando parece que por fin chegou a hora de cicatrizar unha dolorosa ferida do seu pasado, non atopa a resposta que busca, senón novas preguntas e unha misión para Ane Cestero quen, despoxada do seu uniforme e da súa placa, terá que resolver o crebacabezas armada unicamente co seu instinto. Xuntas se enfrontará ao caso máis complicado da súa carreira.