Exposición «Vento nas velas» de Xurxo Lobato
Evento xa rematado
-
Inicio
13 abril, 2019
7:00 pm -
Fin
30 abril, 2019
12:00 am
O exterior do Estaleiro da Banda do Río acollerá do 13 ao 30 de abril a exposición «Vento nas velas», conformada por 23 estruturas de forma cúbica nas que se recolle o traballo fotográfico de Xurxo Lobato sobre a cultura marítima. A inauguración terá lugar o mesmo 13 de abril ás 19.00 h cun concerto de Diapente.
A cultura mariñeira e o patrimonio relacionado co mar é o obxecto desta proposta que se realiza ao aire libre e que conta cun carácter didáctico. A exposición, organizada pola Deputación de Pontevedra, nace da publicación en 2017 no libro ‘Vento nas velas’, do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato.