Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Contos na biblioteca: «A Ramona pequena vai á lúa» de Pakolas

Evento xa rematado

O Concello de Bueu segue a promover o uso das bibliotecas municipais como espazos de encontro e lecer con propostas para o público miúdo. Para iso organiza unha nova xeira de “Contos na biblioteca”, que terá tres sesións de contacontos en xuño nas bibliotecas municipais.

O 12 de xuño, ás 18.00 horas, a Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu acolle a actividade “A Ramona pequena vai á lúa”. Nela Pakolas conta e canta a historia da Ramona pequena, unha nena movida por constantes inquedanzas cunha mente moi esperta que adora perderse entre as páxinas de Xulio Verne. Trátase dunha obra didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe.